Condicións de compra

Todas as compras que se realicen a través do portal www.anainas.com, propiedade de Anainas Sociedade Cooperativa Galega, están suxeitas ás condicións xerais recollidas no aviso legal. Ao facer a compra na Web, automáticamente acepta estas condicións. Por favor, léaas con atención.

As presentes condicións constitúen integramente o convido entre as partes no referente ás transaccións on-line de compravenda entre Anainas Sociedade Cooperativa Galega e a súa clientela.

Anainas Sociedade Cooperativa Galega está facultada para modificar unilateralmente todas e cada unha das obrigacións dispostas nas presentes condicións, sen necesidade de aviso previo. Igualmente, está capacitada para reestruturar, modificar ou eliminar calquera información, servizo ou contido incluído na Web, sen necesidade de aviso previo.

Unha compra non é definitiva ata que é aceptada por Anainas Sociedade Cooperativa Galega e ésta resérvase o dereito de admisión e anulación de calquera pedido, podendo devolver o importe satisfeito pola persoa compradora e quedando exenta de calquera outra obriga.

A Web non esixe a previa subscrición para a simple navegación, acceso ou utilización do servizo en cuestión. Pola contra, para o acceso a determinados contidos e servizos, esixirase a previa subscrición e o seu correspondente rexistro como Persoa Usuaria (de agora en diante Usuaria Rexistrada).

Rexistro de persoa usuaria

De conformidade co disposto anteriormente, Anainas Sociedade Cooperativa Galega se reserva algúns dos Servizos ofrecidos a través da Web aos Usuarias Rexistradas de Anainas Sociedade Cooperativa Galega mediante o enchemento do correspondente formulario de rexistro de Persoas Usuarias.

Para mercar na tenda online de Anainas Sociedade Cooperativa Galega pode rexistrarse nela. Os seus datos serán gardados e así as súas futuras compras serán máis rápidas. Para darse de alta e mercar na tenda online pode ir ao apartado "¿Non tes unha conta? Crea unha aquí" dentro da sección de "Iniciar sesión". Se xa está rexistrado para mercar na tenda online e esqueceu o seu contrasinal pode ir ao apartado "Iniciar sesión", pulsar "Esqueciches o teu contrasinal?" e inserir a súa dirección de e-mail e "Enviar enlace de restablecemento", e inmediatamente recibirá un correo electrónico co seu contrasinal.

A persoa Usuaria comprométese a seleccionar, usar e conservar o seu nome de usuaria ou "login" e o seu contrasinal ou "password" (en diante e de modo conxunto as "Claves de Acceso") de conformidade co establecido nas cláusulas seguintes.

Asignación das Claves de Acceso

A persoa Usuaria terá a opción de escoller e indicar o seu propio contrasinal de acceso. Tamén indicará o Nome de Usuaria e unha dirección de e-mail válida, a través da que se comunicará con Anainas Sociedade Cooperativa Galega.

Uso e Custodia

A persoa Usuaria comprométese a facer un uso lícito e diligente da Clave de Acceso, así como a non poñer ao dispor de terceiros a súa Clave de Acceso.

A persoa Usuaria comprométese a comunicar fidedignamente ao Webmaster de Anainas Sociedade Cooperativa Galega o máis axiña posible, a perda ou roubo das Claves de Acceso, así como calquera risco de acceso ás mesmas por un terceiro.

A Clave de Acceso soamente poderá ser utilizada polas persoas Usuarias á que se lle asignou. Anainas Sociedade Cooperativa Galega queda exonerada de calquera tipo de responsabilidade que se poida devindicar polos danos e prexuízos causados ou sufridos polo uso fraudulento ou falta de dilixencia na garda e custodia da Clave de Acceso, perda ou uso contravindo o disposto nestas Condicións.

Baixa de usuaria

En calquera momento pódese solicitar a baixa como Usuaria Rexistrada enviando un correo electrónico a (hola@anainas.com) explicitando os detalles da persoa usuaria a dar de baixa. Así mesmo, a persoa Usuaria poderá solicitar a baixa do envío de publicidade por medios claros.

Produtos

Todos os produtos que se venden nesta páxina web son novos e orixinais do fabricante.

A información proporcionada non deberá ser considerada en ningún momento nin completa nin exhaustiva debido á variada gama de produtos e servizos existentes no sector. Anainas Sociedade Cooperativa Galega, pola súa banda, tratará na medida das súas posibilidades de actualizar constantemente os prezos dos produtos mediante unha comunicación constante coas empresas provedoras e fabricantes.

Anainas Sociedade Cooperativa Galega manifesta que o produto ofrecido adóitase corresponder coa fotografía e descrición técnica do mesmo. Con todo, queda exonerada de responsabilidade para aqueles supostos nos que por erros técnicos ou humanos houbese equivocacións ou variacións entre a fotografía, a descrición técnica e o prezo. Igualmente, ponse de manifesto que as fotografías teñen un mero carácter orientativo podendo existir variacións no que ao seu aspecto físico respecta pero sen menoscabar a integridade e prestacións do produto solicitado.

Anainas Sociedade Cooperativa Galega exonérase dos contidos, información, opinións ou comentarios difundidos a través da Web, nin responderá do uso que a Usuaria faga desa información.

Lista de prezos

O prezo dos produtos está en EUROS e inclúe os impostos de Lei de acordo á Lexislación Española. No resumo final de compra móstrase o prezo definitivo ou total da mesma, indicando a cantidade correspondente a prezo do produto determinado e a cantidade correspondente aos impostos aplicables.

En base á súa política comercial, Anainas Sociedade Cooperativa Galega poderá realizar variacións finais do prezo xa sexa por fidelización, por adquisición de produtos de certa entidade ou relevancia así como outros que poida estipular Anainas Sociedade Cooperativa Galega no seu debido momento. Con todo, será Anainas Sociedade Cooperativa Galega quen libre e voluntariamente ofreza estes descontos e/ou rebaixas, a quen estime oportuno, non podendo ser esixidos nin solicitados en ningún momento pola clientela.

Os prezos non inclúen gastos de envío. Os prezos son válidos salvo erro mecanográfico. Todas as vendas realízanse coa súa correspondente factura. Os produtos están dispoñibles para a súa venda ata fin de existencias.

Os prezos expostos poderán ser revisados e modificados en calquera momento por Anainas Sociedade Cooperativa Galega. Unha vez comprobado o pago iniciarase por parte de Anainas Sociedade Cooperativa Galega a tramitación do pedido.

Garantía

Produtos de terceiros: A clientela de Anainas Sociedade Cooperativa Galega benefíciase da garantía dada polas distintas empresas fabricantes de cada un dos artigos.

Anainas Sociedade Cooperativa Galega non responderá baixo ningún concepto dos posibles fallos ou defectos que puidesen ter os produtos proporcionados. Será a propia empresa fabricante quen coa súa garantía responderá dos posibles danos que o produto albergase.

Os defectos ou danos debidos a unha incorrecta utilización ou manipulación do material ou os desgastes producidos por un uso normal do mesmo, non se inclúen nesta garantía.

As diminucións na funcionalidade dos artigos, debidas ás limitacións de concepción dos mesmos, tamén están excluídas da cobertura desta garantía.

Produtos propios: Segundo a normativa vixente a garantía dos artigos é de 2 anos. Para efectuar o dereito de garantía ha de realizarse a devolución do produto conxuntamente coa embalaxe orixinal e sempre coa autorización previa do Departamento de Atención á clientela (hola@anainas.com).

Os defectos ou danos debidos a unha incorrecta utilización ou manipulación do material ou os desgastes producidos por un uso normal do mesmo, non se inclúen nesta garantía.

As diminucións na funcionalidade dos artigos, debidas ás limitacións de concepción dos mesmos, tamén están excluídas da cobertura desta garantía.

Folla de reclamacións

Existen follas de reclamacións ao dispor da clientela. O formulario pódese solicitar ao noso departamento de atención á clientela por teléfono ou ben por correo electrónico, e farémolo chegar á dirección que nos indiques.

Ademais a Comisión Europea facilita unha plataforma de resolución de litixios en liña que se atopa dispoñible na seguinte ligazón: https://ec.europa.eu/consumers/odr/main/index.cfm?event=main.home2.show&lng=ES.

As persoas consumidoras poderán someter as súas reclamacións a través da plataforma de resolución de litixios en liña.

Xurisdición, foro e lexislación

Para todas as cuestións que non estean especificamente previstas no presente contrato, será de aplicación o disposto no Código Civil. Así mesmo, para todas aquelas que poidan suscitarse entre as partes, os contratantes, con renuncia do seu propio foro, sométense aos Xulgados e Tribunais da cidade da Coruña.

Anainas Sociedade Cooperativa Galega ofrece a posibilidade de xestionar a resolución de litixios a través da plataforma europea de resolución de litixios en liña (RLL). O acceso pódese realizar a través da seguinte ligazón: https://ec.europa.eu/consumers/odr. O correo electrónico corporativo é anainas.coop@gmail.com 

Anainas Sociedade Cooperativa Galega está adherida ao Sistema Arbitral de consumo pertencente ao Instituto Galego do Consumo e da Competencia.