Política de Privacidade
Precisamos o teu nome, apelidos, enderezo, país, correo electrónico e móbil, para darte de alta coma usuario, proceder á venda dos produtos, utilizar funcionalidades da web coma é o caso do blog, atender as solicitudes, reclamacións ou peticións que realices a través dos canales de atención ao cliente ou remitir comunicacións comerciais na medida en que te suscribas á nosa Newsletter ou Blog ou se trate de produtos ou servizos similares aos que inicialmente foron obxecto de contratación.
Informamos de que os datos persoais que nos facilite voluntariamente, a través dos distintos formularios da web, serán tratados por Anainas Sociedade Cooperativa Galega con enderezo en Avda Alcalde Manuel Platas Varela, 93 1º 15141 - Vilarrodis (Arteixo) A Coruña, que cumpre coas medidas de seguridade esixidas na lexislación vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal. A finalidade de dito tratamento é a descrita en cada un dos formularios establecidos na páxina web no que vostede nos facilite os datos.
Os datos facilitados non serán cedidos a terceiras persoas salvo nos casos de que exista unha obriga legal, e conservaranse durante o tempo preciso para atender a súa solicitude sempre e cando non nos indique o contrario exercendo o seu dereito de cancelación, ou durante o tempo preciso para cumprir coas obrigacións legais.
Anainas Sociedade Cooperativa Galega non elaborará ningún tipo de "perfil", en base á información facilitada. Non se tomarán decisións automatizadas en base a perfís.
Asimesmo, Anainas Sociedade Cooperativa Galega cancelará ou rectificará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou deixen de ser precisos para a súa finalidade, de conformidade co previsto na lexislación vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal.
Mentres non nos comunique o contrario, entenderemos que os seus datos non foron modificados, que vostede se compromete a notificarnos calquera variación e que temos o consentimento para utilizalos a fin de poder fidelizar a relación entre as partes.
A persoa usuaria poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento, portabilidade de datos e a non ser obxecto de decisións individualizadas, automatizadas, en relación cos datos obxecto do tratamento, ante o responsable do tratamento no enderezo anteriormente mencionado, ou por correo electrónico a hola@anainas.com . En caso de que non obtivese satisfacción no exercicio dos seus dereitos, poderá presentar unha reclamación ante a Autoridade de Control en materia Protección de Datos competente, sendo ésta a Axencia Española de Protección de Datos, e cuxos datos de contacto están accesibles aquí.
Anainas Sociedade Cooperativa Galega adoita as medidas técnicas, organizativas e de seguridade correspondentes segundo a normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal. Con todo, non asume ningunha responsabilidade polos danos e prexuízos derivados de alteracións que terceiros poidan causar nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou ficheiros da persoa usuaria.
De acordo co que establece a Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico no seu artigo 21, solicitaremos o seu consentimento para poder realizar comunicacións publicitarias que consideremos poidan ser do seu interese, por correo electrónico ou por calquera outro medio de comunicación electrónica equivalente.