


Proba os nosos produtos
Regalámosche 2 mostras de 6ml e un código de desconto do 10% para as túas vindeiras compras. SÓ PAGARÁS 1.95€ correspondentes ós gastos de envío.
Queremos que te namores da nosa Crema Hidratante. É emoliente e potencia o efecto barreira da pel, deixando a cara e o corpo profundamente hidratados e en calma. Especialmente formulada para a infancia, é ideal para todo tipo de peles. Aporta elasticidade e vitalidade. Rexenera e protexe delicadamente das agresións externas. Tódolos seus ingredientes son naturais, sostibles e de orixe vexetal.
É suave, fácil de estender e absórbese rapidamente deixando unha duradeira sensación de hidratación. Non irrita as zonas sensibles, sendo apta para cara e corpo. Forma unha agradable capa de protección que permanece durante horas. É hidratante, emoliente, antioxidante e calmante. Protexe das agresións externas como o frío e a contaminación e achega unha lixeira protección solar natural. Calma a irritación, deixando a pel sa, nutrida e elástica.
Sen perfumes nin colorantes engadidos
Libre de transxénicos
Ingredientes de orixe vexetal
Produto Vegano