Métodos de pagamento

Como formalizo o pedido?

Unha vez que teñas cheo o carro da compra pulsa "pasar por caixa" para iniciar o proceso. Verás que podes formalizar a túa compra como persoa convidada ou cos teus propios datos escollendo "Iniciar sesión". Se queres, podes consultar a nosa Política de Privacidade.

Enche os campos e escolle a modalidade de pagamento que máis che guste. Ao premer "confirmar compra", e unha vez que conclúa o proceso de pagamento, poderás ver a confirmación do pedido e inmediatamente recibirás dita información no teu correo electrónico.

A factura será emitida cos datos que nos facilitases para iso, e poderás recibila no teu E-mail en canto que teñamos constancia do pagamento.

Que formas de pagamento podo escoller?

Transferencia

Para utilizar a transferencia convencional, anota o número de conta que facilitamos na web. Lembra que sempre debe ser realizada en Euros e que todas as eventuais comisións de cambio ou bancarias correrán da túa conta. A transferencia debe ter lugar durante os 3 días posteriores a ter feito o pedido.

Para evitar demoras e que a túa orde de pedido caduque, agradecémoste que nos indiques no Asunto o número de pedido así coma o teu nome e apelidos. Se queres enviarnos o xustificante da transferencia a hola@anainas.com, encargarémonos de validar a túa compra deseguida.

Tarxeta de crédito

É o sistema máis utilizado para compras por internet e resulta totalmente seguro. Os datos introducidos en ningún momento son visualizados nin almacenados por nós, xa que todo o proceso se realiza nos propios servidores de Stripe. Aquí tes máis información: stripe.com/es.

Non te cobraremos ningún custo extra por pagar a compra con estas modalidades en ningún caso.