O noso compromiso coa sociedade e o noso planeta vai máis alá dunha forma de falar, trátase dunha forma de facer. De intentar contribuir a un mundo máis xusto e sostible no tempo. De facelo, non só a través dos nosos produtos, senón co desenrolo de diferentes proxectos que contribúan á economía social e circular na que cremos firmemente e que, á súa vez, axudan a alcanzar os Obxectivos de Desenrolo Sostible das Nacións Unidas fixados.
Neste apartado poderás ver como tratamos de facer realidade a nosa filosofía a través dos nosos compromisos:

Os nosos ingredientes
En Anainas buscamos materias primas totalmente naturais, avaladas e contrastadas por estudos para que teñan as propiedades adecuadas e que, ademáis, pola súa orixe, contribúan a un fin social. Ler máis →

Os nosos envases
Unha das nosas principais preocupacións é o ecodeseño do noso packaging. Utilizar os mínimos elementos posibles de modo que a pegada que deixemos sexa tamén mínima, empregando materiais que sexan sostibles e reutilizables. Ler máis →

Etiquetado social
Tanto o etiquetado coma o loteado dos nosos envases, son levados a cabo pola entidade de Inserción Social Grupo ENVERA, cuxa misión é a integración sociolaboral das persoas con discapacidade. Ler máis →

Como reciclar Anainas?
Os nosos envases son de HDPE reciclables e apostamos polo uso de materiais biodegradables como a madeira dos nosos tapóns e a ausencia de packaging innecesario, pero hai certas normas a ter en conta antes de desbotalos ao contedor amarelo. Ler máis →