Envíos
Cando se entregará o meu pedido?
Xeralmente, se recibimos o pagamento antes das 12:00 do mediodía, os pedidos saen cara o seu destino ao siguiente día hábil despois da compra. Se recibimos o pagamento máis tarde, 2 días hábiles despois. O prazo de entrega tamén depende da zona de destino; en España e Portugal (zona peninsular), o envío efectuarase ao seguinte día hábil. Para Baleares, o prazo será de 2 ou 3 días máis. Non facemos entregas en apartados postais.
Non obstante, estos prazos son orientativos e poden variar por razóns alleas á nosa compañía. Se unha entrega se vai demorar máis de 5 días hábiles, poñerémonos en contacto contigo para comunicarcho e darche a opción de anular o pedido e devolverche os cartos.
Como se entregará o meu pedido?
Tan pronto o teu pedido saia dos nosos almacéns, enviarémoste un e-mail de confirmación.
A entrega considerarase realizada no momento no que a persoa transportista entregue os produtos e firmes o albarán, lembra verificar que está todo correcto. Non nos comprometemos a ningún prazo de entrega determinado, posto que o proceso de envío depende de terceiros.
Se a entrega do paquete non se pode realizar despois de dous intentos sen éxito, a persoa repartidora deixará unha nota para que acudas á oficina máis cercana para recollelo.
Encántanos ser puntuais, así que se detallas tódolos teus datos necesarios para o envío, poderemos entregarte a túa compra enseguida.
Se detectas calquera erro na entrega (estado da mercancía, embalaxe, etc), por favor, refléxao nas observacións do documento que che entrega a persoa transportista. Tamén agardamos os teus comentarios no prazo máximo de 24 horas, xa sexa no telf.: +34 613 06 59 95 ou por E-mail a hola@anainas.com para poder subsanalo canto antes.
Cales son os custos do envío?
Temos importes mínimos de compra para poder regalarche os gastos de transporte. Se realizas unha compra superior a 120€ non pagarás gastos de envío, ademáis, facemos promocións puntuais con envíos gratis. Os custos do envío dependen do importe, o peso do paquete e a zona de entrega do pedido. A continuación, explicámoscho na seguinte táboa:
Zonas de entrega | Gastos de envío (IVA incl.) | Peso máximo (kg) |
---|---|---|
Península (España) | 0,00 € | 15 kg |
Illas Baleares | 5,00 €* | 15 kg |
Portugal | 5,00 €* | 15 kg |
Envíos pesados | +1.29 €** | *De 15 a 250Kg, +1.29€ por cada kg adicional |
Estou en Canarias, Ceuta ou Melilla... podo facer un pedido?
Desafortunadamente non facemos envíos a Canarias, Ceuta ou Melilla por agora. Pero está nos nosos plans para o futuro!
Que ocorre se hai rotura de stock?
Na web só poñemos á venda produtos en stock. Non obstante debido á sincronización cos almacéns e o período de tempo entre que unha persoa rexistra un pedido ata que recibimos o xustificante de pago, algún produto podería esgotarse. Por eses motivos, podería darse algún caso illado de falta de stock.
Cando non nos sexa posible servir un produto, poñerémonos en contacto contigo para comunicarcho, anular o pedido e devolverche os cartos inmediatamente. Non será posible manter o prezo do produto esgotado para servilo cando se repoña o stock, xa que o prezo do produto pode cambiar en cada reposición.
Devolucións
Podo devolver un produto?
Claro que podes. Aceptamos a devolución de produtos sempre que non fosen abertos nin usados e se atopen en perfecto estado e na súa embalaxe orixinal. Podes devolvelo no prazo de 14 días a partir da recepción do produto.
Como funcionan as devolucións?
Para facer unha devolución debes contactar con nós primeiro e posteriormente enviarnos o produto e, unha vez comprobemos que está en perfecto estado, realizaremos o reembolso a través do mesmo medio de pago que utilizaches para pagar o pedido, menos os gastos de envío orixinais (ver tarifas máis arriba). Os gastos de envío para a devolución correrán por conta da clientela.
É importante que tanto o produto como a súa embalaxe nos cheguen en perfecto estado; se non é así, non poderemos realizar o reembolso. Os produtos deben ser devoltos na súa caixa/embalaxe original. Por temas de seguridade e hixiene, se o produto está envolto en papel transparente, ese papel non pode ter sido aberto; os produtos con precinto, non poden ter sido desprecintados e sobre todo os produtos non poden ter sido usados.
Que pasa se recibo un produto do meu pedido equivocado ou defectuoso?
Comproba o teu pedido ao recibilo, se algún produto non é correcto nós encargámonos de todo. Mándanos un e-mail a hola@anainas.com e dirémoste como proceder.
Recibín un produto danado
Mándanos un e-mail a hola@anainas.com e dirémoste como proceder.
Fixen un pedido pero arrepíntome e xa non o quero
Se te arrepintes escribe a hola@anainas.com ou chámanos por teléfono. Se o teu pedido non saiu das nosas oficinas cancelarémolo sen problema.
Se o pedido xa está de camiño, teremos que agardar a recibilo de volta na nosa oficina. Unha vez recibido devolveremos o importe utilizando o mesmo medio de pagamento co que se abonou a compra, menos os gastos de envío orixinais (ver tarifas máis arriba). Os gastos de envío para a devolución correrán por conta da clientela.