Packaging

En anainas apostamos polo ecodeseño.

O noso packaging contén os mínimos elementos posibles, de modo que a súa pegada é tamén mínima.

Empregamos só materiais sostibles, reciclables e reutilizables:

O papel das nosas etiquetas ten o 70% de cana de azucre.

Os envases están elaborados en HDPE reciclable.

Os tapóns, ao ser de madeira, son biocompostables.

Os envases preséntanse sen caixa individual e sen o típico plástico que as recubre. Ademais, o contido dos produtos anainas é de 200 ml, polo que cunden moito, e hai que repoñelos con menos frecuencia. Dese xeito afórranse residuos.

O packaging que utilizamos para os envíos web e todos os materiais que distribuímos entre as nosas tendas colaboradoras, son 100 % libres de plásticos.

Con esta iniciativa anainas contribúe aos obxectivos 9 e 12 das Metas de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas.

Objetivos desarrollo