Ingredientes



En anainas seleccionamos as mellores materias primas ecolóxicas.
A nosa manteiga de karité pura ten certificado ecolóxico e ademais, pola súa orixe, contribúe a un fin social.
Procede dunha cooperativa ghanesa, liderada por mulleres, cuxa misión é empoderar á muller rural de Ghana.
Colléitase e procésase artesanalmente nas propias aldeas da Sabana norte, asegurando así o futuro destas mulleres e das súas familias.
Ademais, esta cooperativa de produtoras colabora co Santuario de Hipopótamos da Comunidade Wechiau e co Parque Nacional de Mole, proxectos que protexen e preservan a vida silvestre e o medio natural das últimas poboacións de hipopótamos e elefantes de Ghana.
Con esta iniciativa anainas contribúe aos obxectivos 5, 10, 12 y 15 das Metas de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas.