Reciclaxe

Reciclaje
Reciclaje
Reciclaje

Para reciclar os envases anainas correctamente, antes de desbotalos ao contedor amarelo, convén separar os tapóns de madeira da rosca porque está elaborada cun material distinto.

Se a deixamos posta, nas plantas de separación de residuos descartarán ese envase e non se reciclará.

Isto mesmo ocorre se deixamos moito líquido no interior dos envases.

Así que, aproveitar ben os produtos, ten dobre beneficio.

En anainas tomamos decisións avaladas pola economía circular para achegar solucións sostibles:

Por exemplo, incentivamos o xogo en familia ao deseñar o noso packaging para que se transforme nun escenario con personaxes.

Os tapóns dos nosos envases teñen múltiples segundos usos: pódense usar como colgadoiros de parede, pezas para xogar ao tres en raia, converterse en adornos para a árbore de Nadal, etc. Ocórreseche algún uso divertido?

Dan moito xogo...

Deste xeito tentamos que estes materiais non acaben acumulados nos vertedoiros ou incinerados.

Con esta iniciativa anainas contribúe aos obxectivos 9 e 12 das Metas de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas.

Objetivos desarrollo