


Crema Hidratante
Crema Hidratante especialmente formulada para a infancia, ideal para todo tipo de peles mesmo as máis sensibles e esixentes. Apta dende o primeiro día para bebés, peques e persoas adultas.
Hidratante, protectora, emoliente, antioxidante e calmante. Potencia o efecto barreira da pel e brinda alivio e protección en peles irritadas, arroibadas ou con proído.
O seu segredo está na súa delicada fórmula con todos os seus ingredientes naturais, sostibles e de orixe vexetal. É especialmente eficaz tratando e aliviando as peles máis problemáticas, imaxina os seus resultados sobre a pel sa!
Enriquecida con Manteiga de karité ecolóxica, Caléndula, Regalicia e Aceite de oliva virxe extra ecolóxico, provinte de olivas recollidas a man no seu punto de maduración e de primeira presión en frío.
Suave e doada de estender. Absórbese rapidamente, achega unha duradeira sensación de hidratación e calma que permanece durante horas.
Sen perfumes nin colorantes engadidos.
Libre de transxénicos.
Ingredientes de orixe vexetal.
Produto Vegano.